Saímos como de costume de Ferreira a horas intempestivas para un domingo, en dirección a Mesía(Outes) onde daría comezo a Ruta das fragas dos Muíños, pero que lembraremos máis ben como a Ruta do Churrasco.
Transcorría a viaxe sen novidades –excepto a de NON pasar por Meira- pero con certa preocupación polo tema metereolóxico, con dúas teses contrapostas, a do noso presi, máis optimista, e a de Google,como veríamos despois, máis cércana a realidade.
Escomenzamos a camiñada cunha despedida xa que o noso chef favorito, Juan, estaba nesta ocasión destinado a un máis alto cometido, o de preparar unha típica churrascada na área recreativa, que sería o punto final da ruta, en Visantoña.
Foi ésta unha ruta doada e cómoda, que transcurría na súa maior parte por pistas anchas entre árbores de variadas especies, das cales gracias á miña crecente experiencia, puiden identificar ó menos dúas: pinos e eucaliptos, ainda que un ollo máis entrenado podería distinguir moitas máis.
Durante a ruta podíanse ver varios dos muiños que dan nome á mesma, case sempre previo desvío do camiño principal. Chegamos a ver, si mal non recordo, tres deses muiños, que estaban restaurados aparentemente pola mesma empresa, dada a semellanza entre eles.
Poidemos comprobar, con disgusto, que Google poucas veces se equivoca e sufrimos algún que outro chubasco,nada grave, pero si molesto, sobre todo para Ramira, á hora de volver a gardar o chubasqueiro na súa funda, nada que non poidera solventar o noso inefable Angel.
A anécdota da xornada protagonizaríanna Alicia e Inma, quenes, aproveitando a súa posición na retaguardia, decidiron atallar camiño, baseándose nos mapas que abondaban durante a ruta, e así levar a cabo os seus verdadeiros plans: ligar cos indíxenas e o comercio agropecuario, alcanzando neste último aspecto un grande éxito obtendo unha ovella a un precio inmellorable: cero euros. Con este ardide conseguían ademáis retrasar a marcha do grupo principal, para desta forma acadar o outro obxectivo da maniobra, chegar antes para empezar as patacas fritas da bolsa ,e si se podía, probar o churrasco recén saído das brasas, un plan a todas luces maquiavélico.
Unha vez chegados ó noso destino, un parque rodeando unha lagoa - con cisnes e todo- poidemos dar boa conta das viandas que Juan nos tiña preparadas, co son de fondo do partido que se disputaba no estadio cercano do Visantoña C.F. e dos ameazantes tronos que, unha vez máis, daban testemuño de que google seguía sen errar.
Sin maiores problemas que a falta duns baños públicos nos que dar fin ó ciclo da cervexa, ausencia que agudizou a imaxinación dalgúns, para disgusto dunha familia de patos., e de Angel pola tardanza, iniciamos o camiño de retorno, facendo escala en Mondoñedo, onde tivemos a ocasión de coñecer ó que sen dúbida será un fututo membro do grupo, un tal Sergio.
© Jose González Veiga
miércoles, 24 de junio de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)